Un detective prodixio

Detective Conan: O maga cun anime de máis de 1000 episodios.

Este manga, creado por Gosho Aoyama, empezou a publicarse en 1994 e a día de hoxe, conta con 98 volumes. Adaptada despois ao anime, conta con máis de 1000 episodios.

A historia empeza con Shinichi Kudo un talentoso detective de 17 anos ,que vai ao parque de atraccións coa súa amiga da infancia ,Ran Mouri. Alí ocorre un asasinato e logo de resolvelo, Shinichi segue a uns homes vestidos de negro. Ao darse conta da súa presenza, estes déronlle cunha barra de metal na cabeza e fixéronlle tomar un veleno, que en teoría tería que facer que morrese pero que fixo que rexuvenecese na apariencia dun neno de 7 anos, xa que este ten a misma mentalidade. Despois contará a súa loita para volver a súa aparencia normal, resolvendo casos para chegar ata eses homes que son dunha organización chamada Organización de Negro.

Gustame este anime e o manga, polos trucos dos asasinos, que son moi dificiles de deducir; polos seus personaxes que son moi interesantes; polo seu estilo de debuxo, polo dificil que é darse de conta de quen é o asasino….

Ademais a súa historia semella que fose verdadeira, xa que para chegar a saber algo da Organización de Negro, Shinichi ten que resolver moitos casos. Non é como moitas series que avanzas na trama en cada capitulo, senon que para saber algo desta organización pasa moito tempo e iso é unha das cousas que máis me gustan.

Recomendo este anime e manga a calquera e ademais se podedes ver o anime en galego, cun doblaxe estupendo, na tvg2 ao redor das oito.

María Cruz Álvarez 4ºB