Tour polo instituto

Tod@s sabemos que este ano as cousas cambiaron pola COVID-19 e, polo tanto , o noso instituto tamén.

Por esta razón, fixemos un video mostrando como é o instituto actualmente e mencionando as cousas que fan que o IES Carlos Casares sexa así de único e especial. Tamén o fixemos porque agora, co coronavirus non podemos invitar a ninguén a visitalo presencialmente. Desta maneira, poderase visitar virtualmente.

No video presentamos as nosas partes favoritas do instituto para dalas a coñecer.

María, Carla, Carme e Alba 1º ESO