Spelling Bee

Outro ano máis, o alumnado de 3º ESO participou no concurso de deletreo anual Spelling Bee, organizado pola escola de idiomas Schoolhouse.

Despois dunha proba feita na clase polos profesores de Inglés do curso, resultaron seleccionados Vanja Veiga e Daniel Arochena. Ambos foron citados no teatro Salesianos, onde lles asignaron un número de participación.

O concurso deu comezo, como o fai habitualmente, cos nenos de 5º de Primaria, dos que resultou gañador un estudante do Colexio Estudio. Antes de comezar coa ronda de 3º ESO, unha das alumnas da escola, que resultou gañadora do concurso, deleitounos cunha canción en homenaxe a David Bowie, Space Oddity. Seguidamente, comezou a rolda de 3º ESO, e na súa primeira rolda, os dous alumnos do Carlos Casares foron eliminados. O concurso seguiu ata rematar, e todos os concursantes foron agasallados cunha medalla e vales nos establecementos dos patrocinadores do concurso.  

Texto: Vanja Veiga

Artigos recomendados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará