[wzslider]
Un ano máis, co gallo da conmemoración, o 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, participamos en Enlaza Vigo: un conxunto de accións dirixidas a denunciar e sensibilizar a sociedade sobre a violencia que se exerce sobre as mulleres.
Nesta quinta edición participamos 3º de ESO e 1º de Bacharelato. Realizamos, como todos os anos, unha obra plástica por nivel en lona arredor do lema elixido para este ano: “Somos quen de deter a violencia de xénero”. As obras foron expostas na rúa do Príncipe desde o día 18 ao 26 de novembro. Nelas queremos dicir que somos quen de recoñecer as situacións de violencia e non ser cómplices destas actitudes e comportamentos.
Coma sempre, o alumnado e profesorado de case todos os centros de ensino de Vigo creamos un tapiz arredor dunha mensaxe colectiva. O noso alcalde fixo a lectura dun manifesto e gardamos un minuto de silencio por todas as mulleres que xa non están entre nós.
Texto: Almudena Lacomba. Imaxes:Naia e Lidia, Alexandra Prieto e Faro de Vigo.