Celebración do día da saída do armario

Se hai algo polo que caracterice ao Carlos Casares é a tolerancia coa diversidade. Polo 11 de outubro o equipo de igualdade preparou unha serie de actividades para celebrar o día da saída do armario.

Durante moitos anos, algunhas persoas tiveron que esconder a súas atraccións sexuais ou incluso casar con xente que non amaban, só porque eran homesexuais e non querían ser criticadas ou mesmo ser asasinadas. Afortunadamente, isto mellorou.

O día 11 de outubro celébrase o Día da saída do armario, porque é o aniversario da Marcha Nacional de 1987 polos dereitos das lesbianas e gais. Esta manifestación celebrouse en Washington, D.C e acudiron a ela máis de 500.000 persoas para pedir igualdade de dereitos ante o Congreso e o goberno dos EEUU.

Alumnado de 3º ESO recitando na aula de 1º ESO

Con motivo desta celebración, algúns alumnos e alumnas de 3ºESO C conmemoraron o Día da Saída do Armario a través da poesía. Os textos elixidos extraéronse do libro Blanco nuclear, unha antoloxía de poesía actual na que todos os autores e autoras son homosexuais. O alumnado de 3º recitou varias composicións de Ariadna G. García e Hasier Larretxea en todos os grupos de 1ºESO e 1º de bacharelato. O público, ademais de gozar escoitando esas poesías, tivo que participar no recital coa recitación dun poema de Miguel Losada, poeta e actor vigués.

Artigos recomendados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará