Estimado alumnado de 2ºC:
No referido aos servizos, decirvos que a todos nós gustaríanos que estiveran mellor, máis limpos, máis novos… pero iso supón un gasto que o instituto non pode asumir e os que están por enriba de nós non o consideran prioritario.
O do papel e xabón paréceme moi axeitado, pero tedes que saber que noutros cursos os houbo e decidimos quitalos polo mal uso que se facía deles, por exemplo os rulos de papel ian aos retretes e os atascaban. Os vosos representantes no Consello Escolar sacaron o tema e quedamos en estudialo porque nós vémolo razoable.
As cuestións de 2ºC son para tratalas co voso titor; como da a “casualidade “ que son eu, decirvos que tódolos cambios intentados ao longo do curso son pensando en mellorar o rendemento de cada un de vós e que si hai que facer estas cousas é porque os resultados son malos e sabemos que poderían ser moito mellores.
O das faltas de respecto non é admisible. O profesorado é moi respectuoso co alumnado en todo e tamén niso que plantexades da vestimenta. Non hai normas sobre ese tema e a ninguén se lle ten proibido a súa maneira de vestir.
Para rematar, decirvos que está moi ben que plantexedes cuestións de todo tipo e que espero que o fagades sempre que non estedes de acordó con algo; pero tamén é bo que saibades que, ainda que, as veces, poidamos equivocarnos, todo o que fai o profesorado é pensando no mellor para vós.
Un saúdo.
Carlos Bartolomé Herranz.