Obradoiro de cremas hidratantes

O pasado xoves día 10 de novembro na hora de Física e Química recibimos a visita dun químico ben simpático, Marcelo, que nos ensinou a facer cremas. Sí, cremas para poñer na nosa pel e así hidratala, feitas coas nosas propias mans, de distintos olores. O proceso, aínda que un pouco rápido porque non tiñamos todo o tempo que nos gustaría, foi moi entretido e interesante, aprendemos moitas cousas. O único inconveniente foi que a crema non saíu moi ben, polo menos na clase de 3º C, porque a cera de abelás era virxe e tiña algunhas impurezas; por iso non puidemos levar ningunha mostra á nosa casa, mais coñecemos todos os ingredientes necesarios e agora temos pensado probar pola nosa conta! Estamos moi agradecidos ao noso novo amigo Marcelo por todo o que nos ensinou, e ese gran aplauso que merecía non faltou ao rematar a actividade!

_dsc0017_dsc0003

Artigos recomendados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará