O noso traballo contra a violencia de xénero

Como sempre, abrimos diferentes frontes para traballar no recoñecemento e o rexeitamento de todo tipo de violencia contra a muller.

Este ano quixemos centrarnos no audiovisual como potente comunicador de ideas e participamos nun vídeo colaborativo intercentros sobre A Escaleira da Violencia, forma simbólica de expresar os diversos tipos de violencia nos que as mozas vense envoltas en nome do «amor». Ao subir algún destes chanzos perden a base, pérdense elas mesmas. Cuantos máis chanzos súbanse máis violencia atopamos cara ás mozas. Debemos saber que calquera chanzo da escaleira chámase “violencia de xénero” e que non fai falta chegar ao último pra que haxa “violencia sexual”.

A través da historia de Pepa (Laura Rouco) e Pepe (Joel Covelo) descubrimos que a violencia de xénero non é só pegar e a violencia sexual non é só violar. No noso banner podedes ver o vídeo no que estiveron acompañados por Alex Valeiras, Iago Pérez, Lucía Pérez e a voz en off de Daniel Rodríguez.

O resto do alumnado da revista participamos nun concurso de fotografía da Subdelegación do Goberno de Pontevedra, na que amosamos a través de metáforas sensacións e emocións de violencia. Non chegamos a gañalo, pero desta experiencia aprendimos moitas cousas, non só a editar, senón tamen a pensar maneiras de expresar a violencia sen facelo dunha forma literal, e dicir, sen plasmala como tal.

Primeiro empezamos cunha chuvia de ideas, algunhas mesturámolas, outras modificámolas, logo púxemolas en práctica e por último eleximos as mellores imaxes.

Non só aprendemos, tamén divertímonos, como cando tivemos que facer as imaxes coas bombas de fume, que non sabiamos como iban. Aínda que tardamos en aprender a prendelas, conseguímolo!.

María Cruz