O meu noivo contrólame…o normal

 

Non todos sabemos que ao publicar imaxes en internet pode acceder a elas calquera. Hai moitos perigos e nós non nos decatamos deles. O pasado luns 18 de maio  asistimos a unha conferencia que nos deu unha psicóloga sobre os perigos na aldea global -en Internet. A  especialista dirixíase a nós dunha maneira moi coloquial e en ningún momento nos resultou aburrido. Procuraba a nosa atención a través de exemplos tirados da vida real e utilizando unha linguaxe informal.

O maldito DOBRE CHECK!! A todos nos molesta esa nova actualización do Whatsapp que case todos temos, xa que é moi útil para comunicarnos con outras persoas sen gastar saldo do móbil, pero tamén ten inconvenientes:  malia que  pensemos que as conversas  son privadas,  todo o que falamos está gardado no servidor de Whatsapp.

Instragram,  outra das redes socias,  que moita xente utiliza posto que podes compartir as túas fotos cos que desexes. Mais nós pensamos que é só para os máis achegados,  e non é así, calquera podería ver as nosas fotos!

A psicóloga, Ianire Estébanez, falou sobre todo tipo de redes socias, da nova moda dos “Selfies”, e dos perigos de intercambiar fotos propias entre a xente que non é de máxima confianza!

 

Texto: Lidia Zemiri e Lucía Pérez . Foto: Almudena Lacomba

 

Artigos recomendados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará