O Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

lazo

O pasado 25 de novembro os alumnos do Carlos Casares conmemoraron o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Para lembrar esta data sinalada, realizáronse unha serie de actividades dentro e fóra do centro:

  1. O interior do instituto  foi decorado para a ocasión con: exposicións sobre as vítimas da violencia de xénero, laciños violetas, carteis informativos, biografías de mulleres destacadas…
  2. Repartíronse entre os alumnos pulseiras de tea cunha mensaxe contra a violencia de xénero.
  3. Os alumnos de cuarto de ESO e primeiro de Bacharelato desprazáronse ata o centro de Vigo. Alí puideron ver expostas na rúa de Príncipe as pancartas elaboradas polos seus compañeiros de 2º e 4º de ESO. Ademais, xunto con alumnos doutros centros educativos fixeron un gran lazo violeta con cartolinas violetas.

Artigos recomendados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará