«Naufraxio» (poema)

«Naufraxio»

E chega un día no que,

sen máis pensar,

se pecha a porta;

no que cres abandoar

a túa vida.

No que ese salvavidas

que tiña sona de protexerte..

Afúndese.Contigo.

Unha balada triste

toca o teu corazón.

As sabas son só

tecidos que te afogan,

que te restrinxen

e que forman parte

dunhas de tantas

noites en que botas

de menos o sorriso

e a aperta da túa nai,

calmando os teus medos,

acochándote e

protexéndote dos

malditos monstros

que entraron en min,

perturbando os meus soños,

quitándome as ganas de vivir,

desgastando a miña coiraza.

Fáltame luz.

Fáltame aire.

Non atopo a saída de emerxencia.

 

Por Alba Cobo

Artigos recomendados