Naruto

Naruto é unha serie anime, a cal narra a historia dun ninja chamado Naruto Uzumaki, quen aspira a converterse en Hokage, líder da súa aldea (Konoha) , co propósito de ser recoñecido como alguén importante dentro da aldea e entre os seus compañeiros.

1. Naruto: Esta parte conta a infancia de Naruto xunto cos seus compañeiros na escola ninja; despois de pasar a academia, danlles unha bandana co signo da súa aldea, a cal anuncia que son ninjas. Cando es ninja, asígnanche un grupo que está formado por tres ninjas e o seu sensei. Os equipos principais son: 1 Naruto, Sasuke Uchiha e Sakura Haruno co seu sensei Kakashi Hatake; 2 Hinata Hyū ga, Shino Aburame e Kiba Inuzuka co o seu sensei Kurenai Eū hi; 3 Rock Le, Neji Hyūga e Tenten co seu sensei Might Guy; e o último Sikamaru Nara, Chōji Akimichi e Ino Yamanaka co seu sensei Asuma Sarutobi.

Naruto: ¿Cuál es la edad de Naruto Uzumaki y el resto del Equipo 7? |  Código Espagueti

2. Naruto Shippūdean: empeza dous anos e medio despois de que Naruto partise de Konoha con Jiraiya do seu adestramento. Ao volver Naruto é máis forte. Esta parte inclúe novos personaxes, como Sai, Yamato, os Kages que non se viron ata o de agora, e os restantes membros da organización Akatsuki, mostrando este último un papel máis activo que antes na súa procura para obter a todas as Bestas con Cola.

ABYstyle - NARUTO SHIPPUDEN - Póster "Shippuden Group # 1" (52x38):  Amazon.es: Juguetes y juegos

3. Boruto: narra as aventuras e formación de Boruto Uzumaki, o fillo de Naruto Uzumaki e Hinata Hyū ga, así como dos seus compañeiros, quen conforma a nova xeración de ninjas da Aldea Oculta da Folla( konoha), cuxo sétimo Hokage é Naruto. Nesta parte, os protagonistas son os fillos de de os personaxes anteriores.

Boruto: Naruto Next Generations (Serie de TV) (2017) - Filmaffinity

O mellor das tres partes xuntas é ver como se desenvolven os jutsus entre os personaxes xa que hai bastantes por ver, os elementos principais son katon (lume), Fuuton (vento), Doton (terra), Suiton (auga) e Raiton (raio); os elementos é a parte principal, despois diso, poden facer os jutsus e se controlas dous elementos, podes facer máis jutsus. Despois estan os jutsus oculares como o Sharingan, o Byakugan, o Rinnegan e o Jōgan.

A nosa parte favorita é Naruto Shippūdean pois é cando empezan os mellores capítulos, xa que houbo unha gran guerra ninja e Naruto desenvolve un gran papel porque o o ninja máis forte xunto a Sasuke e os anteriores kages, ademais explícase como empezou todo desde o inicio dos ninjas e como afectou que houbesen guerras entre aldeas.

Manuel Canabal e Pedro Lago (2ºESO)