Mulleres do silencio

O xoves 26  de xaneiro os alumnos de 3º que non fomos á neve, visitamos a nova exposición do MARCO, Mulleres do silencio. Nesta saída acompañáronnos as profesoras de Física e Química, Laura e María. Xa no museo, os alumnos dividímonos en dous grupos para que a visita fose máis sinxela. A  exposición consistía nas obras de mulleres artistas que, aínda que eran moi importantes na súa época, hoxe en día non son coñecidas, como, por exemplo, Maruxa Mallo. Na exposición había moitas obras de tipos diferentes e con moitos anos de diferencia entre elas. As que máis nos chamaron a atención e máis nos gustaron foron as últimas, que eran abstractas e orixinais.

IMG-20170126-WA0005

 

Laura e Helena

Tags: ×