MISTERIOS – HOTEL CECIL

Elisa Lam e A Dalia Negra, exemplos de crimes relacionados co Cecil Hotel.

O Hotel Cecil é diferente entre os da súa especie. Moitos crimes aconteceron neste hotel ou á xente que se hospedaba nel. Tamén foi o lugar no que estiveron hospedados coñecidos e brutais criminais.

Se queredes coñecer máis sobre esta historia, lede o artículo e quedarédesvos pasmados!

O Hotel Cecil foi construído no ano 1924, co obxectivo de ser un dos hoteis máis importantes e luxosos da época. O conseguiu ata que chegou a Gran Depresión no 1929, que obrigou ao hotel a abaratar os seus precios. Todo isto provocou que comezasen a hospedarse suxeitos extraños e perigosos, que contrastaban coa alta sociedade que anteriormente ocupaba o hotel. Agora este estaba rodeado por Skid Row, un barrio pobre cheo de indixentes, marxinais e xente perigosa.

Semellaba que a situación non tocaba fondo, ou que non podía saír deste. A maioría dos criminais atopados na zona residían no Hotel Cecil, e a xente escollía esta edificación como o principal lugar para morrer. Así, o hotel gañouse o alcume: “Hotel Suicidio”.

A situación continuou así ata que se decidiu facer cambios. No ano 2007 o hotel foi renovado e no 2011, cambiou o seu nome a “Stay on Main”. Aínda así, o Cecil Hotel continuaba a ser coñecido pola súa macabra historia.

Hoxe en día, moita xente que elixe o Hotel Cecil fala de pantasmas e sucesos aparentemente inexplicables. Pero a decisión de crer nisto ou non vola deixo a vós; eu me vou centrar no caso recente máis coñecido: Elisa Lam.

Elisa Lam e Elizabeth Short (A Dalia Negra)

Elisa Lam – un misterio con difícil solución.

Elisa era unha estudiante asiática que se decidiu hospedar no Hotel Cecil e que, lamentablemente, foi atopada morta nun dos tanques de auga do hotel.

Todo comezou cando os pais de Elisa chamaron á policía porque non puideran contactar coa súa filla (falaban todos os días). Fíxose unha investigación e tratáronse de buscar probas no hotel. Pasaron máis de dúas semanas antes de atopar o corpo, que se achou grazas a que os hóspedes do Hotel Cecil notaban sabor e cor diferente na auga. A autopsia do cadáver tamén creou moitas dúbidas sobre a causa da morte, pero se deixou en afogamento accidental provocado polo seu transtorno bipolar.

Cinco días antes do descubrimento do seu cadáver, a policía deu a coñecer un vídeo que amosaba a unha Elisa intranquila de comportamento errático. A moza asomábase continuamente fóra dun ascensor con actitude vixiante e nerviosa. Agochábase nas esquinas como se houbese algo fóra e chegou a saír e falar en frente da nada. A xente comezou a dicir que se trataba dun suceso paranormal, pero a hipótese máis real é que se debe a problemas mentais.

O misterio deste artículo xa se rematou… que opinades? Todo isto débese ao ambiente paranormal do hotel ou ten unha explicación razoable?

Irene Jardón Castro 4ºB