Co gallo da celebración das Letras Galegas, o 17 de maio, as paredes do IES Carlos Casares dan publicidade aos traballos realizados polo Equipo da Biblioteca e polo alumnado de 1º ESO (coordinados polo Departamento de Educación Plástica e Visual, en colaboración con Dinamización Lingüística).
No primeiro andar, as caricaturas de todas e todos os homenaxeados no día das Letras Galegas, dende Rosalía en 1963 ata Filgueira Valverde neste 2015. No vestíbulo do centro e co título: Deámoslle a volta, o alumnado de 1º de ESO A e C expón os seus traballos sobre prexuízos lingüísticos existentes aínda na actualidade cara á lingua galega e co Unha lingua útil, o alumnado de 1º de ESO B demostra a utilidade da nosa lingua, na pantalla pódese ver unha presentación sobre escritoras e escritores destacados no día das Letras Galegas.
TEXTO: Vanja Veiga / FOTOS_VIDEOS: Almudena Lacomba