2ºC, na clase de tutoria, traballou coa película: La Ola, adentrándose no mundo das sextas e das manipulacions. |
TEXTO (incorporar retornos para saltos de parágrafo e links) (Entre 800 e 2500 caracteres)
Este filme, dirixido por Dennis Gansel, móstranos a facilidade coa que se poden manipular as inocentes mentes dos adolescentes. No transcurso da película podemos observar como Riner Wegner, un profesor de secundaria, fanático da anarquía, ten que ensinar autocracia durante unha semana de proxectos, coa finalidade de amosar aos alumnos as vantaxes da democracía.Pouco a pouco Riner vai impartindo disciplina na aula, facendo que todos vistan igual, creando un saúdo, un símbolo e un nome para o seu grupo: A ola.Día a día o asunto vaille esvarando das mans, chegando ao punto de crear unha especie de secta. Os alumnos van cambiando de personalidade e facendo que as súas vidas xiren ao redor da ola.O alumnado de 2º ESO C, a partir deste filme, visualizado durante as horas de titoría, reflexionou e intentou expresar o que aprendeu del e o que sentiu mentres o estaba vendo.Vanja: “Pareceume una película moi boa, amósanos o fácil que é manipular os mozos e os perigos da autocracia, aínda que sexa só una lección dela”.
Yeray: ”Este filme abriume os ollos: fíxome pensar en que iso pode ocorrer en calquera momento, hai que estar alerta e absterse deste tipo de manipulacións”. David: “Creo que A ola é moi interesante, demostra o sinxelo que é manipular a mente de alguén, e o perigoso que pode chegar a ser”. Claudia: ”Ver este filme fíxome entender que hai que ter coidado e non deixarse influenciar polos demais para non nos ver metidos neste tipo de situacións”. Julia: “A película fai que nos deamos conta do manipulables que son as nosas mentes, e que isto pode pasar en calquera momento, sen que nos demos conta.”
TEXTO:Ruth Carrera, Antia Gago/FOTOS:acebucheblog (internet) |