Gañadores do concurso do Nadal

Este nadal, os membros da revista decidimos convocar un concurso de fotografía dende Instagram, unha rede social coñecida pola maioría da xente. O concurso comezou o día 5 de decembro, e consitiu en facer unha foto o máis navideña posible e logo enviala ao directo da conta da revista na red social. Catro mozas da revista acudiron a cada unha das clases do centro a informar sobre o asunto. Durante todo o tempo que durou este, presentáronse dezasete imaxes e o día 19, que foi a data límite, os organizadores da revista escolleron un gañador. A decisión foi difícil e estivo moi reñido, mais ao final conseguimos que a cousa quedase entre tres finalistas: Ramón Fernández de 3º B, Lois Pérez de 3º A e Susana Alba de 1º de bacharelato E. Ao rematar o día xa tiñamos gañador, Susana. O seu premio foron dúas entradas para ir á pista de xeo de Samil, onde podería gozar dunha hora patinando.

15338273_561379854056425_3361511211400167424_n1

Artigos recomendados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará