O pasado venres os alumnos de 2º A xunto coa súa profesora de Física e Química e os nosos infiltrados da revista fixeron un experimento no que o bicarbonato e o vinagre eran capaces de inflar un globo. Neste proxecto descubrimos que a reacción que xera a mestura destes dous elementos produce CO2, o que provoca o inflamento do globo. Tamén puidemos observar que aínda que se producira un cambio de estado a masa era igual que antes de mesturar os dous elementos.
Kevin, Xosé Andrés e Anxo
2º ESO ”C”.