O alumnado de 2º da ESO realizamos unha excursión a Salinae, o centro arqueolóxico no que se conservan xacementos de antigas salinas, e obxectos da época do antigo Imperio Romano.
Alí, tivemos un guía, que nos foi explicando todo o percorrido. Eran varias salas, e na segunda deixáronnos ulir unha salsa que cheiraba fatal, como a peixe podre.
Tamén nos ensinaron unha salina onde nos explicaron como funcionaban e nos mostraron as diferentes zonas, onde se puña a auga para recoller o sal. Diferenciábanse por uns pequenos muros que os separaban. Alí explicáronos todo proceso.

Joel Covelo 2ºA e Fabiola Viñas 2ºC