Educación Responsable

Como xa sabedes, pois atopámonos no ano III, Educación Responsable é un programa desenvolvido pola fudación Botín en colaboración coas diferentes Consellerías de Educación que pretende favorecer o crecemento social e emocional de docentes, alumnado e familias.

Co programa estamos a mellorar nos seguintes puntos :

  • Coñecenos e confiar en nós mesmos/as.
  • Comprender aos demais.
  • Recoñecer e expresar emocións e ideas.
  • Desenvolver o autocontrol.
  • Aprender a tomar decisións responsables.
  • Valorar e coidar a nosa saúde.
  • Mellorar as nosas habilidades sociais.

Este curso o centro traballou en:

  • O coro das emocións ( dirixido por Mariano co alumando de música de 2º e 4º da ESO)
  • Literatura e emocións ( Almudena L. co alumnado da materia optativa de centro Obradoiro de expresión plástica, visual e audiovisual de 2º de ESO )
  • Reflexarte ( Almudena L. co alumnado de 2º da ESO)

O CORO DAS EMOCIÓNS

Consiste en interpretar unha canción proposta polos Recursos que ofrece a Fundación Botín pero adaptada as nosas circustancias , este ano foi elixida a canción Aleluia de Leonard Cohen. Primeramente escoitamos e estudamos a versión orixinal de Cohen, para despois adaptar a letra en galego coas nosas propias conclusións. Nesta actividade, que adoita ser realizada polo alumnado de música de 2º da ESO, e dada a dificultade da canción, contamos cunha axudiña de estudantes de música de 4º da ESO e 1º de bacharelato.

Debido a excepcional situación, este ano só podiamos cantar no exterior ou no auditorio dadas as súas grandes dimensións, así que decidimos facer un coro virtual . Cada estudante gravouse na súa casa e despois editamos un vídeo coas mellores intervencións. Xa ao final do curso realizamos outra versión co aforo permitido no auditorio.

Pedimos á Asociación de persoas xordas de Vigo (ASORVIGO) a tradución da nosa letra en Lingua de Signos. Os intérpretes de Lingua de Signos non soamente son necesarios para a Comunidade xorda, senón tamén para as persoas oíntes que descoñecen a Lingua de Signos, e o seu papel fundamental é o de igualar unha situación de comunicación.

LITERATURA, ARTE e EMOCIÓNS

Este curso aprendimos a comunicarnos a través do vídeoarte, outra forma de aprender a expresar os nosos sentimentos e emocións. A actividade consitiu en realizar un video no que representamos a poesía de Miguel Hernández.

Daniel Rodríguez Requejo 2º C