MandaCarallo 31

Arrinca este curso 20/21 cheo de incerteza pola situación sanitaria que estamos a vivir pero con moita ilusión por desenvolver, como vimos facendo desde fai xa seis anos, a nosa revista escolar dixital.

O virus non só nos fai palpar a nosa fraxilidade senón tamén a nosa solidariedade cos outros; tanto para ben , no coidado e responsabilidade, como para mal ,sendo vía de contaxio cando non se asumen as medidas de seguridade. Somos conscientes da nosa influencia positiva ou negativa, que nos fala de que somos unha comunidade e que as nosas accións repercuten nos demais. Quizais o máis terrible desta pandemia, é que ademais nos introduciu un medo e unha gran desconfianza entre nós e ante a vida, fronte o futuro.

Toda a comunidade educativa está a poñer todos os medios para que o noso IES sexa un espazo onde crecer, soñar, voar, onde haxa un ambiente de confianza, disciplina, serenidade, seguridade, traballo, compañeirismo… no que aprender e formarse como persoas responsables.