Colaboración literaria

 

De vagariño as bágoas de Uxía esvaraban polas súas meixelas. Non era quen de imaxinar a súa vida sen todo iso que sempre estivo aí: os seus amigos, os seus avós, a súa casa con ese faiado máxico, a súa veciña…Estaba pensando nesas marabillosas lembranzas cando o seu pai lle dixo que chegararan. A nena saíu do coche enxugando as bágoas e quedou quieta diante da súa casa. Os seus ollos cor avelá enchéronse de bágoas de novo mentres os cabelos lle tapaban a cara. A súa nai chamouna para que entrara na casa. Uxía subiu os chanzos, entrou na casa e, despois de acomodar as súas pertenzas, meteuse na cama.Espertou, mirou o reloxo e ergueuse. O seu pai estaba a preparar o almorzo e a súa nai poñendo a mesa. A rapaza sentíase estraña nese lugar, os seus pais observábana mentres almorzaba. Ela sabía que debía aparentar estar feliz, ademais decatábase de que era necesario mudarse porque na súa antiga cidade non lles ían nada ben as cousas, pois os seus pais non tiñan traballo.

Colleu a súa mochila, botouna ao lombo e meteuse no coche. De camiño ao instituto pensou en todo: sentíase soa, simple e unicamente soa. Sabía que tiña os seus pais, que tiña amigos, algo lonxe, pero non podía evitar sentirse así. Todos sabemos que os doce son uns anos complicados, pero ela sentía que lle pesaban demasiado e eran máis complicados que para o resto. Ás veces, ata se enfadaba con ella mesma. Sentía que necesitaba a alguén, coma nas películas: amigo, amiga, dáballe igual, pero unha persoa desas nas que podes confiar e da que nunca te vas fartar; mais sabía que iso sería complicado.

Chegou ao centro, despediuse do seu pai e entrou. Buscou a súa aula e entrou nela. Sentou ela soa na cadeira máis afastada da mesa do profesor, non lle gustaba nada descatar. A súa intención foi nula porque todos os seus novos compañeiros a miraban como se fose un espécime raro.

Pasou todo o día así, marxinada do resto.

Chegou á casa e entrou tan rápido como puido para evitar as típicas preguntas sobre como fora o día.

Pasaron os meses e comezou a coller confianza. A verdade é que fixo moitos amigos, non estaba segura se ían ser dos de “verdade” mais, a verdade, é que a facían sentir un chisco menos soa.

Como dixen antes, os doce son uns anos complicados, e como non, a nosa Uxía tiña que namorarse, aínda que iso pareza “cursi” pásalle a todas chamadas “preadolescentes”. Esta rapaza namorouse dun rapaz que lle casou tristeza e felicidade, máis do primeiro ca do segundo, porque esta historia non é das que ocorren nas películas, isto é a vida. Uxía estaba moi triste pois as cousas non remataran ben en canto a este tema. Sentíase fatal, tiña moitos problemas. Ás veces enfadábase con ela mesma, outras dubidaba se seguir ou non esforzándose, pois cría que ninguén valoraba o seu traballo. Neses momentos en que estaba tan mal, as apertas dos seus amigos, os que estaba segura de que eran de película, facíana feliz por un instante.
TEXTO: Helena Pérez 1º ESO A

Artigos recomendados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará