Club de Ciencias, día 6: é todo como cremos?

Un día no Club de Ciencias sen laboratorio, onde falamos sobre se realmente sabemos o que comemos.

Neste día, Maite falounos sobre un tema moi interesante; que é aquilo que non sabemos sobre os alimentos, pero que pode resultar perigoso para a nosa saúde?

Moitas veces temos escoitado o típico de que temos que ter coidado cos ingredientes do que consumimos, de que a letra pequena detrás dos empaques é moi importante… pero seguramente poucos de nós realmente temos isto en conta, non si? Quizais porque chegou un punto no que nos parece normal a cantidade de elementos industriais que podemos atopar. Ou, máis ben, porque non temos nin idea do que significan todas esas letras pequenas. É verdade que hai nomes extraños de compostos que non sabemos se son perigosos para a nosa saúde. Pero aínda con esta ignorancia non dubidamos en mercar calquera cousa. É certo que non podemos illarnos do mundo por medo, pero sería ideal ter unha pequena idea do que nos rodea. Por iso mesmo tratamos este asunto, o cal tamén está no campo da nutrición (escollido como tema principal para este curso no Club de Ciencias).

Comezamos a falar sobre as características que nos fan mercar un alimento sobre os demais. Moitas veces estas están relacionadas con aquilo que nos fai pensar que estamos a mercar algo saudable. Nunha posta en común, fixemos a seguinte lista:

  • “light”
  • “0% azucres”
  • “sen aditivos”
  • “sen conservantes”
  • “100% natural” ou “con ingredientes naturais”

Agora si; información!

Parémonos un momento no “0% azucres”, tamén coñecido como “sen azucres engadidos”. Se non lles botan azucre, que é aquilo que levan? Algunhas veces trátase doutros produtos coma mel, outras veces toca falar dos educolorantes.

Xa que estamos a falar do azucre, temos que pararnos a pensar se sabemos a cantidade deste presente no que inxerimos. Todos temos claro que as bebidas industriais, por exemplo, conteñen moito azucre… pero realmente sabemos canto? Somos conscientes do que significa ese “moito”? Non, non o somos. Por iso, este día decidimos entrar nunha páxina web moi interesante, na que se nos informa de forma visual a cantidade de azucre que estamos a introducirlle ao noso corpo. (Por se queredes entrar, clicade aquí: https://www.sinazucar.org/).

Entón, comezamos buscar aqueles alimentos que tomabamos, e moitos de nós quedamos impresionados polo azucre que contiñan. Cando non o hai mira se che avisan, pero cando hai de máis si que temos que buscalo por nós! En xeral, a min chamoume moito a atención como todas as galletas tiñan moito menos azucre que varios dos refrescos que podemos atopar. De feito, os refrescos e bebidas enerxéticas como a Red Bull ou a Monster poden chegar a facernos moi mal se as consumimos moi a miúdo.

Entón, dito todo isto…

sabes realmente que é o que comes?

Irene Jardón Castro, 1ºC bach.

Artigos recomendados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará