No Carlos Casares danlle moita importancia á saúde, así que traballamos nela desde diferentes materias e puntos de vista . Este ano estamos a participar …

A revista do IES Carlos Casares, Vigo
Version:1.0 StartHTML:0000000167 EndHTML:0000002762 StartFragment:0000000541 EndFragment:0000002746
O 24 de maio o alumnado de 1º e 2º de ESO acudimos a un relatorio dentro do programa das actividades correspondentes ao Proxecta Salvavidas. O tema, como non podía ser doutro xeito, era a importancia da Doazón de órganos e tecidos.
Durante esta sesión, os estudantes aprendemos moito sobre a importancia de ser doantes. Esta charla impartiuse cun obxectivo: motivar e concienciar á mocidade cara á doazón de órganos e de tecidos na súa idade adulta.
Escoitamos a Marta, unha enfermeira que coordina o proxecto e que nos ensinou gran cantidade de datos: a distribución dos órganos, as comunidades autónomas que máis doan, como debe ser a morte dunha persoa para que poida ser doante cadáver, que é o que se considera morte cerebral e insistiu en que o doante e a persoa que vai recibir o órgano, deben ser moi semellantes en: peso, idade, estatura, etc.
Ensináronnos o debuxo da gañadora do concurso “A vida, o mellor agasallo”, era unha alumna do noso centro, Laura Piñeiro. O debuxo era precioso e ía acompañado do lema “A túa vida pode dar máis de si”. Parabéns a Laura de 1º B.
Nesta actividade tamén escoitamos as experiencias vividas por persoas transplantadas de: pulmón, fígado e riles. Durante as súas intervencións aprendemos moito sobre o que che pode cambiar a vida un transplante, como eran as súas vidas antes e despois de ser transplantados, a ansiedade e o estrés ante a espera da chamada telefónica avisándoos da existencia dun doante… Todos eles fixéronnos reflexionar sobre as posibilidades de estarmos ante unha situación semellante, e sobre todo alertáronnos sobre as circunstancias que orixinaron o deterioro dos seus órganos: o tabaco ou as bebidas alcohólicas, todas elas causas que podemos evitar ao longo das nosas vidas.
En xeral foi unha charla moi interesante que nos abriu os ollos para que, nun futuro próximo, colaboremos e nos fagamos doantes de órganos e tecidos e a nosa vida “dea máis de si”.
No Carlos Casares danlle moita importancia á saúde, así que traballamos nela desde diferentes materias e puntos de vista . Este ano estamos a participar …
Este é o noso sexto ano de inmersión neste Plan da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixido a …
Non hai moitos días, a mediados de maio, deuse a coñecer o resultado das persoas gañadoras do I Concurso de carteis para escolares relacionado coa …
Aproveitando que se achega o Día das Letras Galegas, presentamos o xogo que o alumnado de 2º de ESO da materia de Programación, creou baseándose na …
E por que non imos ser as mulleres igual de boas que os homes coas TIC? Nós pensamos que as mulleres e os homes teñen …
O alumnado de 1º C de ESO vén de darnos unha nova alegría coa obtención dun accésit especial no concurso de deseño do cartel conmemorativo …
Este curso estamos a desenvolver no centro o Proxecta Donas de Si e o alumnado de 1º de ESO quixo renderlles unha homenaxe ás mulleres …
Nestes dous trimestres o alumnado de 1º da ESO participou no Plan Proxecta Clases sen Fume. O traballo realizado consistiu na invención dun lema acompañado …
Ei ti, pensas que a muller ten escasa ou nula presenza en carreiras universitarias como Telecomunicacións, Enxeñaría Industrial ou cualquera das que se consideran científicas …
España é o primeiro país de Europa con máis doantes de órganos, cun total de 43,4 doantes por millón de poboación, 2.018 doantes e 4.818 órganos trasplantados en …
O máis importante labor dos pintores da Idade Media foi “iluminar” manuscritos. Por “iluminar” entendemos poñer debuxos nun texto, como se as palabras nos presentasen …
Os rapaces e rapazas de segundo da materia de proxecto fixeron este vídeo musical para participar no concurso da Xunta “Vindevídeos”. Esta curtametraxe tamén lles serve …