En 1972 Nacións Unidas proclamou o día 5 de Xuño como Día Internacional Do Medio Ambiente, coa idea de asegurar un fogar limpo e san para todos os seres vivos.
“Cando billóns de persoas unen os seus esforzos a favor dunha causa, é posíbel lograr o cambio” Ban Ki-Moon, secretario xeral da ONU.
O progreso comeza cando cambiamos o noso comportamento, que é tanto ou máis importante que o das grandes empresas mundiais. O entorno preservarase se existen millóns de heroes e heroínas descoñecidos, dispostos a conseguir este obxectivo.
Para conseguilo, hai algúns hábitos que se poden cambiar…
1-REDUCIÓN DO CONSUMO DE PLÁSTICOS-
Hai que discriminar os alimentos e obxectos de uso cotián polo seu modo de envase e pensar sempre en materiais naturais e reciclables.
2-SABER VIVIR CON MENOS-
Non mercar aquilo que non se precisa, facendo sempre unha lista do que vai falta mercar á hora de ir de compras.
3-NON TIRAR COMIDA-
Cada ano se desperdician en España 7.700 millóns de kilos de de alimentos, e o maior desperdicio ven dos fogares, non dos restaurantes e os bares. Segundo a ONU hai 821 millóns de persoas que pasan fame no mundo.
4-PON UNHA PLANTA NA TÚA VIDA-
A cambio de un puco de auga e luz,as plantas axudan a respirar aire purificado e limpo.
6-LIMPAR SEN ENSUCIAR-
Non emplear produtos químicos para limpar. Débense ler os compoñentes que conteñen e recurrir aos “remedios da avoa”, más eficaces e respetuosos co entorno.
7-RECICLAR, RECICLAR E RECICLAR-
Hai que ter claro o colector de lixo axeitado para cada cousa, e coñecer o Punto Limpo da nosa cidade.
8-MEDICAMENTOS-
Os envases dos medicamentos conteñen elementos nocivos para o medio ambiente, e débense levar á farmacia (Punto Sigre).
9-AFORRO DE AUGA-
Hai rutinas imprescindibles : Pechar a billa cando lavamos os dentes, poñer a lavadora e o lavalouza sempre cheos e co lavado ECO, ducha e non baño…
10-COIDAR A ALIMENTACIÓN-
Eliminar os alimentos procesados da dieta, dando protagonismo a alimentos de orixe vexetal, como cereais, legumes, sementes, froitas e verduras.
Así contribúese a saúde do organismo e á do medio ambiente.
Eire Taboada 2º de ESO A