Despois dunhas máis que merecidas vacacións de Nadal, comezamos un novo ano, o 2017, no que o Día das Letras Galegas estará dedicado ao escritor que lle dá nome ao noso instituto, Carlos Casares. Para tentar facerlle unha homenaxe como merece, os alumnos e profesores do centro estamos a traballar na elaboración dunha serie de materiais e actividades, como por exemplo:
- En xaneiro, unha exposición no vestíbulo do centro cos libros do autor cos que contamos.
- Contacontos baseados nas obras de Casares para representar en diferentes centros de primaria.
- Roteiros literarios guiados polas cidades de Vigo e Santiago de Compostela.
- Un telexornal sobre a figura de Carlos Casares.
- Exposición sobre a vida e a obra do autor co fin de participar no concurso convocado pola Consellería de Educación para seleccionar os materiais cos que se dará a coñecer o escritor nos centros educativos.
Seguirémosvos informando sobre as novidades.
Xosé Andrés, Anxo Rodríguez e Paula Pérez (2º C)