É xusto agora cando ruben os meus instintos asasinos.
Mátote.
Refocílome co sangue que escorrega polos cinco e, completamente consciente e cordo, noto como burbulla unha alegría dentro de min.
Érgome, xa cunha migalla de noxo.
Vou cara ao lavabo e, inseguro, aclaro con xabrón a miña palma.
Agora, polo buraco cara o sumidoiro cae sangue,
encéfalo,
patas,
antenas,
ás…
…
Son un monstro.
Mais, cando menos, non un becho.
(…verdade?)
Xian