Verbum e Galicia 100

Mentres varios alumnos de todos os segundos estaban na excursión de francés ao campamento de León, os que quedaron no centro tiveron dúas saídas moi interesantes.

Unha delas foi no museo do Verbum onde puideron experimentar unha excavación arqueolóxica simulada e incluso a forma de pensar dos arqueólogos. Tamén tiveron unha charla da vida de Vigo na idade romana.

A outra das saídas foi nunha exposición que se fai chamar “Galicia 100”. Mostraban 100 obxectos característico de Galicia. Algúns dos obxectos máis interesantes foron unhas das batas que confeccionou a marca de ZARA nos seus inicios, o Xabarín Club, un moneco de máis de mil pezas que construiu un profesor para que os seus alumnos aprendesen os órganos do corpo humano ou carteis típicos das festas galegas.

 

Xosé Andrés Cruz Alonso 2ºC