Este Nadal quixemos facer algo orixinal para decorar o noso centro e ocorréusenos a seguinte idea: crear unha árbore de Nadal con citas que recollemos de diferentes libros de Casares, recordando que é o autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Para darlle un toque especial, escribimos cada unha delas nun folio que semellaba desgastado. As citas da base da árbore fixémolas a man. Segundo aumentabamos en altura, a maneira de escribir cambiaba, representando un sistema de escritura cada vez máis actual, pasando pola máquina de escribir e chegando ao ordenador.
Para os textos feitos coa máquina de escribir aprendemos a utilizar unha antiga gardada en Secretaría. Foi unha experiencia esgotadora, xa que había que premer moi forte as teclas e non se podían cometer erros: cada vez que nos equivocasenos, teriamos que utilizar o typp-ex, produto descuberto por unha muller.
A estrela da árbore, como non podería ser doutra forma, foi unha foto de Carlos Casares e dela fixemos saír unhas cordas das que penduraban todas as súas frases en forma de ramas.
Aquí vos deixamos unha foto do noso proxecto rematado!
Kevin, Erea, Xosé, Paula (2º ESO C)