Artello e Arquímedes

O pasado luns día 7 a compañía de teatro Artello puxo en escena para os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato unha pequena representación da vida de Arquímedes. A actividade tivo lugar no Salón de Actos do instituto.

Arquímedes foi un científico, matemático, físico e inventor grego. Considérase un dos matemáticos máis grandes da Antigüidade clásica e da historia. Fixo numerosas achegas ao campo da ciencia:

  1. Creou un método para calcular o número π.
  2. Perfeccionou o sistema grego de numeración, creando unha notación cómoda para os números moi grandes, semellante ao actual sistema exponencial.
  3. Cría que non existía nada tan grande que non puidese ser medido e así calculou o tamaño da circunferencia da Terra.
  4. Inventou o parafuso sen fin, que permitía extraer auga do fondo dos barcos e aínda hoxe se emprega na minaría.
  5. Xeneralizou a teoría da panca e dixo esa famosa frase que hoxe todos coñecemos: “Dádeme un punto de apoio e moverei o mundo”.
  6. Quizais a maior achega á ciencia foi o descubrimento do principio que leva o seu nome, que se enunciase así: “Todo corpo mergullado total ou parcialmente nun fluído sofre un empuxe vertical, dirixido de abaixo arriba, igual ao peso do volume do fluído desaloxado”.

A representación teatral, a pesar de estar feita por un só actor, permitiulles aos nosos compañeiros coñecer moi ben distintos episodios da atarefada vida deste extraordinario científico, todo isto unicamente coa axuda dunha maleta, unha cadeira e un monicreque.

 

Resultado de imagen de arquimedes

Elena Estévez e Lara Pampillón (3º A)

Artigos recomendados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará