Como todos os anos, no centro celebramos unha mestura de magosto e Samaín. Os nosos profesores realizaron unha grande entrada facendo unha imitación da Santa Compaña, todos vestidos de branco e con candeas nas mans; realmente arrepiante. No festival, puidemos observar diferentes disfraces, tanto feitos á man como comprados. Tamén fixemos un concurso de cabazas, algunhas delas inspiradas en Carlos Casares, como a galiña azul; no vestíbulo tivemos a oportunidade de degustar as diferentes sobremesas preparadas para o concurso, que tiñan unha pinta deliciosa. Por último, o que ninguén de nós esperaba era que os nosos presentadores e compañeiros se puxesen a cantar. E animáronse a facelo!
Artigos recomendados
Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar

Bases dos XVI Premios Carlos Casares
Yelko Pino “líaa”
