Folga do día 26

Este mercores día 26 o Sindicato de Estudiantes convoca unha folga xeral do alumnado contra a LOMCE e principalmente as súas revalidas. Como seguramente xa saibades, as reválidas son uns exames que se queren implantar ao final da ESO e do Bacharelato, nos que nos avaliarán das materias cursadas e que deberemos aprobar para obter os títulos. A repercusión máis importante que pode ter isto é que, se unha persoa non aproba estes exames, aínda que levara o curso moi ben, non terá o titulo oficial das etapas.

A decisión que vós tomedes con respecto á folga é libre, mais debedes pensar nos pros e os contras que faltar a clase e acudir a folga pode ter, pois perderase un día de clase e a falta non será xustificada.

Artigos recomendados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará