Os alumnos de 2º de ESO A e C visitamos o MARCO. Alí explicáronos o que é a arte contemporánea e as súas variantes. Tamén vimos a exposición de María Luisa Fernández na planta baixa deste peculiar museo que fora un cárcere. A exposición, dende logo, foi algo que non esperabamos, unha visita peculiar . Entre todas aquelas obras o que máis nos chamou a atención foron as esculturas que facían referencia a distintas temáticas, como: as corridas de touros, anacos de queixo, o Mar Vermello… Cada unha era diferente, o que a facía especial.
Texto : Laura e Helena.
[wzslider]