Yelko Pino “líaa”

Yelko Pino, ex-alumno deste centro e ex-xogador de fútbol do Real Club Celta de Vigo, expuxo no Instagram do seu compañeiro de equipo, Emi Buendía, o que pensaba do seu club, a Cultural e Deportiva Leonesa, e non era precisamente algo moi bo (se queres saber máis pincha nesta ligazón). Por este motivo o adestrador deixou sen participar a Yelko e o seu compañeiro nun partido nas datas seguintes ó ocorrido, mentres, a afección, en certos momentos, o insultaba. Despois, Yelko publicou un texto onde manifestaba as súas desculpas e o seu arrepentimento, intentando solucionar o dano feito coas súas palabras (máis abaixo están as súas palabras). Eran un intento de continuar no equipo de fútbol leonés, pero a Cultural non as aceptou e rescindiu o contrato que mantiña o xogador unido ó equipo. Ademais, a Liga de Fútbol Profesional enviou un escrito ó Comité de competición da RFEF (Real Federación Española de Fútbol) e á Comisión Antiviolencia para que investigasen o xogador polo seu comportamento inapropiado no vídeo.

Fonte da imaxe: www.lanuevacrónica.com

Feito por Manuel Trincado, Kevin Pérez, Daniel Bugallo e Pablo Fernández