XIX Premios Carlos Casares

Prueba-01-01

 XIX PREMIOS CARLOS CASARES

Convócanse o XIX Concurso Carlos Casares

 

PARTICIPACIÓN: poderá participar todo o alumnado do centro. Os traballos presentados deberán estar redactados en lingua galega e ser orixinais e inéditos.

 

MODALIDADES:

 

2.1. CHÍOS: escribe o teu microrrelato ou a túa poesía a modo de chío e difúndeo co hashtag #concursocarloscasares.

 

2.2. FOTOGRAFÍA: participa compartindo a túa fotografía. Valoraranse o enfoque, a luz, a creatividade, etc.

 

2.3. DEBUXO: participa co teu cómic, retrato, caricatura o debuxo libre. Valorarase a calidade artística e a técnica utilizada.

 

2.4. DESEÑO DE CHAPA E CREACIÓN DE LEMA: participa creando o teu lema para animar a falar galego e deseñando unha chapa conmemorativa para as Letras Galegas 2018. Valorarase a  orixinalidade, a creatividade e a efectividade do lema para favorecer o uso da lingua galega.

 

2.5. CARTAS AO DIRECTOR: participa no concurso redactando unha carta dirixida ao Director do Centro. Valoraranse as cartas que, ademais de denunciar aspectos que consideres importantes, fagan unha reflexión sobre como melloralos. Poderedes redactalas en clave de humor, irónicas ou totalmente obxectivas.

 

2.6. VÍDEOS: participa no concurso enviando o teu vídeo musical, de danza, booktuber, monólogos, etc. Valorarase a calidade e a utilización da lingua galega. Os vídeos deberán ter unha duración máxima de 3 minutos.

 

  1. CATEGORÍAS:

4.1. CATEGORÍA A: 1º, 2º e 3º de ESO.

4.2. CATEGORÍA B: 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato.

 

  1. PRESENTACIÓN: os traballos deberán ser compartidos na conta de Instagram @iescarloscasares ou entregados en Conserxería.

 

  1. PRAZO DE ENTREGA: os traballos deberán ser entregados ou publicados antes do día 7 de maio.

 

  1. PREMIOS: 300 euros a repartir entre todas as modalidades e entre as dúas categorías (25 euros por premio e categoría)

 

  1. XURADO: estará composto por tres membros do profesorado, dúas alumnas e dous alumnos do centro.

 

  1. FALLO DO XURADO: O fallo do xurado darase a coñecer no mes de maio, na Semana das Letras Galegas (14 a 18 de maio). Os traballos galardoados serán publicados na revista escolar: www.revistamandacarallo.com, no facebook da revista e no Instagram. A data de entrega de premios farase pública con antelación. Se o xurado considera que os traballos presentados non acadan a sufiente calidade, poderá quedar deserta calquera das modalidades.

 

 

CONSELLO DE REDACCIÓN DA REVISTA MANDACARALLO.