Somos xente con don

Este curso os 1º de bacharelato estamos inmersos neste novo programa de Plan proxecta.

É un programa de prevención do VIH e das demais infeccións de transmisión sexual (ITS) que ten como obxectivo promover as prácticas sexuais seguras e o respecto dos dereitos das persoas afectadas. O produto final deste programa é unha curtametraxe preventiva sobre o VIH e outras ITS.

Comezamos facendo a enquisa proposta polo sergas nas aulas de Matemáticas que arroxou bastante descoñecemento pola nosa banda sobre as enfermidades de transmisión sexual

Cristina veu darnos unha charla informativa moi interesante sobre o preservativo, o VIH, sida, e as ITS;  sífilis, gonorrea, gonococia, tricomonas, clamidia, virus herpes simple, virus papiloma humano, condiloma, donovanose, linfogranuloma venéreo, virus hepatite B, virus hepatite A, chancroide, moluscum, piollos pato e sarna.

Despois, nas aulas de Biloxía seguimos profundizando no tema es visionamos uns videos para reflexionar na utilización do preservativo nas nosas primeiras relacións.

Agora, estamos xa a traballar nas aulas de debuxo artístico, no audiovisual que difundirá as nosas aprendizaxes.

Tags: × × ×