
María explica ás intencións do seu traballo na entrega de premios no IES do Castro de Vigo
María Teijeira de 1º de ESO B é a gañadora da modalidade individual da convocatoria de Confemadera Galicia deste ano.
O seu traballo é un libro de artista ao que chamou “Un millón de mortos reciclados”. Nel, unha vez baleirado, introduce varios botes que simbolizan os produtos esenciais do monte nas súas tres vertentes: medioambiental, económica e social. A auga simboliza o ciclo hidrolóxico, o bote baleiro como pulmón da terra, cogomelos, froitos, plantas medicinais… e mesmo paisaxe.
Noraboa, María, polo premio e fantástico traballo!