Que pasaría se viaxásemos ó pasado?
En Salinae fano dun xeito moi especial. O único que tivemos que facer foi baixar sete metros de escaleiras para atoparnos na época dos romanos. Xa acomodados, o guía daquel salgado lugar presentounos un antigo cidadán daquela época.
Sorprendéronnos os diferentes usos do sal e a importancia que lle daban, porque non somos conscientes da súa importancia no día a día; cousas tan básicas como a conservación de alimentos, a elaboración das prendas, ou algo tan importante para nós como o salario, constituían para os romanos o seu duro traballo cotián.
Como xa eran horas, convidáronnos a unha comida romana. Ó principio todos estabamos ansiosos por probar aquelas aparentes delicias, estas ganas remataron cando observamos as caras dos nosos atrevidos compañeiros.
Cun estómago cheo e un alento pouco agradable despedímonos dos romanos e regresamos ás nosas aulas.
Texto: Elena Estévez , Laura e Helena.
Fotos: María Teijeira
[wzslider]