Ovenres día 16 de xaneiro, o alumnado de segundo da ESO fixemos unha visita ao centro arqueolóxico do Areal (SALINAE). Sen dúbida unha visita que conseguiu transportarnos á Antiga Roma.
Está dividida en nove zonas como “Arqueoloxía na cidade”, “Unha paisaxe reconstruída” ou “A salina romana”, este último espazo é o máis especial, xa que podemos visitar a salina romana da nosa cidade.
Ademais explicaron, detalladamente, o nacemento e desenvolvemento da industria romana do sal en Vigo e a utilización dos recursos da pesca. Un paseo interesante para aprender a historia das únicas instalacións romanas e as súas características.
TEXTO: Claudia Álvarez & Ruth Carrera / FOTOS: Analturismo.wordpress.com – De Vagar