Viaxe a Toledo

O alumnado de 3º da ESO que estuda a materia de Relixión realizou dende o 4 ao 6 de abril unha viaxe de estudos a Toledo. A saída foi organizada polo Departamento de Relixión do noso centro de forma conxunta co alumnado do IES do Castro, co cal conviviron estas xornadas.

Durante os días que estiveron por terras manchegas, realizaron diferentes actividades e visitas guiadas, como as que se indican a continuación:

  • Igrexas: a de San Sebastián, a de San Tomé e a dos Xesuítas.
  • Mosteiros: o de San Xoán dos Reis.
  • Mesquitas: a do Cristo da Luz.
  • Sinagogas: a do Tránsito e a de Santa María a Branca.
  • Museos: o da Casa do Greco e o Sefardí.
  • Percorridos por Toledo: panorámico en autocar, guiado polo casco vello e paseo libre.
  • Outras: visita ós baños islámicos de Cenizal, vista nocturna de Toledo desde os cigarrais, visita  ao parque de atraccións de Madrid…

Non pararon nin un segundo!!! Os alumnos de 3º dixeron que viñeran moi contentos, pero tamén moi cansados. Aquí vos quedan unhas imaxes deles.

IMG-20180409-WA0004

IMG-20180409-WA0005

IMG-20180409-WA0007

IMG-20180409-WA0006

Area García (1º C)