VIAXE A PARÍS DO ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO

[wzslider autoplay=”true”]

 

O domingo 3 de abril comezou a nosa viaxe a París. Nada máis chegar collemos o autobús e fomos ao Sagrado Corazón, aí mesmo comezou a nosa odisea: dúas compañeiras perdéronse.

Nos días seguintes visitamos lugares emblemáticos de París: a Catedral de Notre Dame, o Louvre, o museo D´orsay, o Arco do Triunfo e moitos sitios máis. Percorremos o Sena en barco e, xa pola noite, subimos ata a Torre Eiffel. Pasamos un día enteiro en Disneyland, foi moi divertido.

A volta realizámola en autobús: fixemos noite en Burdeos, visitamos a cidade, fomos de festa e pola mañá embarcamos rumbo a Vigo. Foron doce horas interminables de autobús.

Unha viaxe marabillosa que todos e todas lembraremos.

Texto: Iria e Dani. 1ºBach. Fotografías: Almudena Lacomba