Viaxe a Londres

FOT_DiaaDia_27032015_ViaxeaLondres_LaraeSara1

O alumnado de 4º de ESO realizou unha viaxe a Londres durante cinco días.

O primeiro día, chegaron ao hotel sobre as 12:00 h. e, nada máis chegar, tiveron que comer, a fame devorábaos.  Despois distribuíron os cuartos de hotel  e ás 16:00 h. foron visitar a parte zoolóxica e paleontolóxica do  Natural History Museum. Ás 18:30 h. foron visitar o Knightsbridge,  o lugar onde se concentran os edificios máis caros e máis luxosos da cidade. Despois da visita chegaron ao hotel e ás 21:00 h. xa estaban ceando.

O segundo día, ás 11:00 h. fixeron unha visita exterior á Torre de Londres e Tower Bridge, onde tomaron bastantes fotos. Ás 13:00 h. visitaron a Brought Market, Southwark Cathedral e posteriormente comeron. Pola tarde visitaron o Tate Modern e tamén gozaron dun paseo pola beira do Támesis alí puideron comprobar a  variedade de pontes que o atravesaban. Máis tarde pasearon por Covent Garden e polos barrios do Soho e Chinatown. Ás 21:00 h. cearon no hotel como o resto dos días.

O terceiro día foi o que máis visitas realizaron: ás 10:00 h. visitaron o Buckingham Palace, fixeron un percorrido exterior polo palacio e puideron observar o cambio de garda. Ás 11:00 h. percorreron o ST. Jame´s  Park, onde visitaron o Withall dende a ponte do lago e tamén puideron observar o Buckingham palace. Ás 12:00 h. visitaron a Westminster Abbey e Houses of Parlament. Primeiro o parlamento desde o Westminste Bridge e despois desde o Westminster Bridge. A continuación foron ver o famoso Big Ben. Ao mediodía visitaron a famosa escultura de Rodin: Los Burgueses de calais. Despois da visita comeron e, ao rematar, foron coñecer a National Gallery. Ás 17:30 h. subiron á maior nora do mundo: London Eye, desde a que puideron apreciar espectaculares vistas da cidade. Ás 18:30 h. pasearon pola cidade Picadilly Circus e visitaron “Vigo Street”.

O cuarto día, ás 10:00 h. visitaron o British Museum: galerías de África, Pedra da Roseta, etc. Ás 13:30 h. trasladáronse ó gran mercado de Candem Orde comeron. Despois de comer as profes decidiron deixarlles tempo libre para que puidesen ir onde quixesen e facer o que máis lles apetecese:  a maioría optou por ir comprar souvenirs para as familias e facer compras para eles.

O quinto día saíron do aeroporto ás 20:45 h. rumbo a Vigo, con tristeza xa que o pasaron moi ben en Londres.

FOT_DiaaDia_27032015_ViaxeaLondres_LaraeSara

TEXTO: Lara & Sara / FOTOS: Almudena