Viaxando no tempo

File:Salinas do Areal - Vigo.jpg

Fonte: wikipedia commons.

En Rosalía de Castro hai unha porta ao pasado, concretamente á época dos romanos. Si, señores. Romanos en Vigo! Cando un home que facía os cimentos do centro de saúde desa mesma rúa atopou un cadáver, sorprendeuse moito. Aínda que el non o sabía, ese cadáver era dun romano. Nese mesmo sitio ese home atopou tamén unhas divisións no chan moi estrañas; tamén eran romanas. Para que servirían? A súa función era que a auga do mar quedase alí, porque si, na antigüedade o mar chegaba ata onde hoxe en día se atopa o centro de saúde de Rosalía de Castro. Coa calor do sol a auga evaporaríase e o salitre quedaría alí depositado, para ser recollido e empregado despois.

Resultado de imagen de garum

Fonte: wikipedia commons

O alumnado de 2º da ESO nos días 24 e 25 visitaron este fantástico lugar: o museo Salinae. O home que nos explicou todo acerca das salinas, tamén nos ensinou un látego feito de coiro e un recipiente no que os servos lles levaban a auga aos seus señores. Despois levantou unha tapa dun recipiente que contiña garum, que era unha salsa feita de intestinos de peixe fermentadas ao Sol cun cheiro moi desagradable.

Imagen relacionada

Fonte: simplehomeremedies.

 

 

Ensináronnos dous tipos de sal, a sal de xema (sacada das minas) e mariña (sacada da auga do mar). Tamén nos explicaron cousas sobre a forma de vida dos romanos e, por último, percorremos a salina. É xigante! Recomendámosvos visitala.

 

 

 

 

Marco Dopazo Pazó e Lucía Alonso Fernández.