Os alumnos de 2º de ESO visitaron o luns 2 de marzo a Fundación Barrié, en Vigo, onde os agardaban unha serie de talleres relacionados coas matemáticas.
Había oito talleres en total, todos dirixidos por monitores que dirixían e explicaban o que había que facer. Varios destes talleres estaban relacionados coa xeometría, con tangrams e pentaminós; outros, dedicábanse ás estadísticas, á resolución de problemas e ás ilusións ópticas.
O nome do taller era “Imatxina” e o obxectivo fundamental era fomentar o interese dos escolares cara ás matemáticas, algo que conseguiron, segundo nos conta Claudia: “É un taller para divertirse e para achegar as matemáticas a nós, a miúdo aburridas”. Polo que, en resumo, non faltou a diversión nestes talleres.
O taller estivo aberto ata o pasado 13 de marzo, mais só podían acudir colexios e institutos. O IES Carlos Casares foi un dos que tivo a sorte de descubrir esta nova forma de ver as matemáticas.
[wzslider lightbox=”true”]
TEXTO: Vanja Veiga / FOTOS: Almudena Lacomba