Alumnado de Vigo enlazado contra a violencia de xénero

Cada vez damos un paso máis na igualdade de xénero. Cada vez conseguimos máis dereitos. Por iso e para fomentar a igualdade na xente nova organízanse numerosas actividades.

O venres 23, o alumnado de primeiro da ESO da materia Igualdade, segundo da ESO, e primeiro de bacherelato, fixemos unha saída a Enlaza Vigo. Esta tivo lugar no pavillón das Travesas, un lugar no que, lamentablemente, cando se falaba había demasiado eco, e nalgunhas ocasións non se podía escoitar ben o que dicían. Apartando este inconveniente, a excursión estivo ben, xa que o que máis importa é a mensaxe que queremos transmitir, que todas e todos podemos unirnos para facer forza e terminar coa violencia de xénero.

As actividades non comezaron ata que todos os centros participantes chegaron. En cada un dos asentos había unha luva de cor violeta, que tíñamos que por en certos momentos. Estando todos e todas xa reunidos, comezou a festa reivindicativa. Unha moza que se situaba enriba dun pequeno escenario,  falaba sobre a desigualdade de xénero que había no mundo e os logros que se foran conseguindo.

Despois desta introdución, un rapaz e dúas rapazas distribuídos polas tres gradas que ocupabamos animábannos para que  berrásemos consignas a favor da igualdade. Máis tarde, unhas mozas interpretaron un pequeno número, bailando despois co alumnado.

Tamén houbo un bonito número de “Brake Dance”, con canción de rap incluida contra a violencia de xénero e logo tocaríanos a nós pois puxemos as luvas e alzamos as mans.

A continuación improvisaron unha pequena competición do famoso baile “Swish Swish”, na que todos e todas foron gañadores.

O acto pechouno o noso alcalde, Abel Caballero, falando sobre  igualdade e pedindo que gardáramos un minuto de silencio por todas as mulleres que sufrían violiencia de xénero,  rematando así a nosa reivindicación.

Irene Jardón 2ºC