Un premio máis para a saca

O alumnado de 1º C de ESO vén de darnos unha nova alegría coa obtención dun accésit especial no concurso de deseño do cartel conmemorativo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. O concurso foi convocado polo Secretaría Xeral de Igualdade e pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

O traballo que realizaron consistiu na elaboración dun cartel interactivo co abecedario galego. Nel cada letra representa a inicial dunha palabra relacionada coa igualdade entre mulleres e homes, palabra que emerxe ao tocar cada unha das letras do cartel. Ademais, a carón de cada letra aparece un chibi que representa unha figura feminina moi famosa, que pode ser unha muller real, unha escultura ou unha imaxe. Para quen non o saiba, un chibi é un debuxo infantil  de pequeno tamaño de orixe xaponesa que retrata persoas adultas.

O cartel foi elaborado como parte do traballo que os alumnos están a realizar no programa Donas de si dentro do Plan Proxecta. Aquí o está: probade a pasar o rato ou o dedo por riba das letras.

A entrega de premios do concurso tivo lugar o 19 de abril no MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) en Santiago de Compostela e ata alí foron os/as nosos/as compañeiros/as de 1º C da ESO para recibir o seu accésit. Coma ó resto dos gañadores, tocoulles expoñer o seu proxecto e explicaron que a súa intención con el era reivindicar a igualdade de xénero. Segundo contan, foi un día tranquilo e divertido, e ata tiveron tempo para comprar un xeado. Aquí os tedes no acto de Santiago.

 

 IMG-20180419-WA0001 IMG-20180419-WA0005

IMG-20180419-WA0003

Parabéns por un traballo tan ben feito, compañeiros/as!!!

Irene Jardón Castro (1º C) e Mario Domínguez (2º A)