Orando, orando, un novo premio levando

Un ano máis o alumnado matriculado en Oratoria este curso e o curso pasado participou no concurso de elocuencia ComunicaTedu, que estivo organizado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. O obxectivo principal desta actividade era poñer a proba e desenvolver as competencias lingüísticas orais activas dos participantes. O que se lles pedía era gravar vídeos de entre cinco e sete minutos expoñendo un discurso previamente preparado sobre o tema escollido pola organización, que nesta edición foi “A alimentación como hábito de vida saudable”. O noso instituto participou con tres equipos e os nosos compañeiros gravaron tres vídeos (se facedes clic enriba dos seus títulos, poderedes velos):

O seu esforzo e o seu traballo víronse recompensados e os tres vídeos estaban entre os oito finalistas. Así, despois dunha longa e coidadosa preparación, chegoulles a hora da verdade: o 25 de abril os nosos compañeiros foron á Cidade da Cultura de Santiago de Compostela para participar na fase final do concurso, na que tiñan que pronunciar os seus monólogos en directo ante o xurado e o público. E houbo sorte!!! A intervención de Carlota Alonso gañou un dos tres premios que se deron, o segundo. Parabéns, Carlota, por un traballo tan ben feito!!!

Cando acabaron as presentacións e para recuperar forzas, houbo algo de merendar e despois volta para o instituto.

Oratoria1 (2)Alumnos premiados no concurso

 Saúl Lago (2º C de ESO)