Tres libros que non podes deixar de ler

As vacacións aproxímanse, e con elas o tempo de lecer para gozar  das nosas afeccións. Se sodes lectoras e lectores e non tedes claro que ler, este é o voso artigo.

LECTURA HUMANA. Ojos azules en Kabul de Anabel Botella

“Saira cogió la bolsa con incredulidad. ¿Cómo iba a meter todos los recuerdos, toda una vida en algo tan pequeño?”- Saira.

Saira é unha nena loura, cos ollos azuis, unha sorte… pero non no seu país, Afganistán, é simplemente unha kharami. Unha bastarda, o froito dun mal momento. A súa nai non ve nela a súa filla, ve unha kharami. Todos ven unha kharami… agás a súa irmá.

Esta historia de Anabel Botella  é un reflexo deses conflitos islámicos que están tendo lugar, pero con outra actitude. Non é un telediario impersoal, nin pretende ser unha análise aos problemas, simplemente, un libro sincero, duro e doce ao mesmo tempo. Unha lectura perfecta, que conseguirá, a medida que avanza, revolucionar os teus sentidos.

Cubierta_ojos azules.indd

 

LECTURA HISTÓRICA. La ladrona de libros de Markus Zusak.

“Créeme, el mundo es una fábrica. El sol lo remueve, los humanos los gobiernan y yo soy la que persevera. Me los llevo” – La Muerte.

A segunda guerra mundial. Europa. Problemas. Libros queimados. Liessel, a ladroa de libros. A recuperadora de palabras. Aprendeu a ler grazas ao seu pai adoptivo, Hans.

A historia dunha nena orfa á que a morte non deixa de visitar, que non é capaz de entender os nazis, nin os xudeos. Non logra comprender a razón da guerra, das fogueiras de libros. Nunca pensou que a súa vida perigaba.

Un repaso á historia contemporánea, dende os ollos dunha nena inocente, que vive día a día, nunha cidade abatida.

Esa oportunidade de coñecer dende outro punto de vista, un dos feitos máis lembrados na actualidade. Se viches a película, leo. Se non a viches, leo.

H416216.jpg

LECTURA PROBLEMAS SOCIAIS

“Hay dos tipos de maestras en el mundo: las que juegan a dar clase y las que dan clase”- Amigo Imaginario.

Budo é un amigo imaxinario, de Max, un neno “especial”. El, nárranos dunha forma distinta, unha historia que non resulta demasiado apaixonante. Aínda que a súa existencia complícase cando Max desaparece. Unha loita por atopar o seu amigo, para sobrevivir, a contrarreloxo. Canto máis tempo pase, máis pode olvidalo Max.

O autor mestura nesta obra varios temas: a familia, a infancia, as enfermidades… que se unen para escribir un relato que conseguirá abstraerte do mundo.FOT_Lecer_23032015_03_LaCasadelLibro

TEXTO: Claudia Álvarez/ FOTOS: Casa del libro, PLataforma Neo