Tralo luscofuco do verán voltan unhas raiolas que Manda Carallo!

Ola boas!

Benvidas!

Ou benvidos?

Benvidas

 e benvidos

 amigas e amigos!

Compañeiros e compañeiras?

Seres humanas e seres humanos!

Terrestres?

Bom, simplemente seres.

E que?

Que de cu, de u e de e.

Que dos como, cando, onde, quen e por que

Que de que é hora de ler

Quen?

Ti, rapaza ou rapaz!

Onde?

Aí, onde estas

Por que?

Pois por que si,

 porque o saber

 se come mellor

 cando queres aprender.

Cando?

Agora é hora de abrir os portais dos ollos

 para deixar pasa-lo coñecemento

 até o teu cerebro.

E non, non o fagas logo, nin despois, nin máis tarde:

Now é the momento !

E como?

Pois hai boas novas!

A revista Manda Carallo

 xa está de volta!

Xian