Traballando na meteoroloxía

Os alumnos de 2º ESO C participaron coa súa titora Ana Barcón nun proxecto dinámico que tivo como obxectivo involucrar aos alumnos/as no mundo da meteoroloxía. Con este obxectivo, creáronse equipos que, durante dous meses, recolleron datos na cabina meteorolóxica do noso centro, coa axuda da súa profesora.  Alí aprenderon a función de cada instrumento e a súa forma de utilización. Desta forma o IES volveu  participar nunha iniciativa que colabora directamente con Meteogalicia, unha entidade que forma parte do noso día a día.Ademais, por grupos ou de forma individual, cada un construíu o seu propio instrumento de medición, de forma orixinal e reciclando materiais.

TEXTO: Clase 2ºC / FOTOS: Ana Barcón

DSC07988

IMG_1742IMG_1741IMG_1740IMG_1739IMG_1738